15.04.2024. O encontro anual dos profesionais da hostalería da provincia de Lugo, promovido pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), volveu celebrarse esta noite no hotel Méndez Núñez de Lugo.
12.04.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) celebrará a Gala Provincial da Hostalería Lucense a noite do vindeiro luns 15 de abril no Hotel Méndez Núñez, en Lugo.
09.04.2024. O venres 12 e o sábado 13 de abril celébrase no concello de Baleira a sexta edición do concurso de tapas. O evento está promovido pola Asociación de Hostelería de Baleira e participan catro establecementos da capitalidade municipal, situada no Cádavo.
04.04.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) celebrará a Gala Provincial da Hostelería Lucense o vindeiro luns 15 de abril no Hotel Méndez Núñez, de Lugo.
01.04.2024. O presidente da Confederación Galega de Empresarios de Hostalería e Turismo (Hostalería de Galicia), integrada polas asociacións provinciais de hostalería e turismo da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, Cheché Real, informa dos datos de ocupación hoteleira destes días de Semana Santa na comunidade galega.
01.04.2024. A delegación da zona sur da Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) comunica que o número de referencia para comprobar a rifa premiada coa de cesta produtos de porco da Asociación Prodeme é o 15.552, premiado no sorteo da ONCE deste sábado 30 de marzo.
25.03.2024. Esta fin de semana o Estase Cocendo 2024, evento organizado pola Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) co patrocinio da Deputación de Lugo, chegou á súa fin coa celebración da última visita guiada e coa quedada de motos. Foron tres semanas dedicadas a un dos pratos estrela da comarca, o cocido.
22.03.2024. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, transmite a súa satisfacción tras coñecer esta mañá a negativa de Movistar para autorizar unha pantalla xigante no centro de Lugo que posibilitase a retransmisión do partido do Obradoiro-Breogán deste sábado.
08.03.2024. O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolleu esta tarde o acto inaugural do Estase Cocendo 2024, evento organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) e patrocinado pola Deputación de Lugo, que se desenvolverá desde mañá sábado 9 de marzo ata o domingo 24. Na presentación dedicouse esta décimo sexta edición das Xornadas do Cocido da Ribeira Sacra á historia do ferrocarril na comarca.
04.03.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) presentará este venres, 8 de marzo, unha nova edición do Estase Cocendo no Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos, ás 18:30 h.