APEHL

A Apehl celebra a gala provincial da hostalería lucense o vindeiro luns

12.04.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) celebrará a Gala Provincial da Hostalería Lucense a noite do vindeiro luns 15 de abril no Hotel Méndez Núñez, en Lugo.

O evento, xa habitual na axenda anual da Apehl, ten lugar cada ano nun punto da provincia e nesta ocasión volve á cidade de Lugo.

Durante a gala, a Apehl fará entrega dos premios Toda unha vida nos fogóns, destinados este ano a Carlos Rodríguez e Jaime Eiras, da Cafetería Nevada, de Lugo; José Ramón Fernández, do Restaurante Mazo de Santa Comba, de Lugo; Carmen Maseda e Horacio Rodríguez, do Restaurante Río Lor, de Quiroga, e Manuel Penas, do Restaurante La Casilla, de Guitiriz.

O evento reunirá a distintas autoridades, representantes das diferentes denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, así como provedores e profesionais do sector.