APEHL

A Asociación de Hostelería de Baleira organiza o seu VI concurso de tapas

09.04.2024. O venres 12 e o sábado 13 de abril celébrase no concello de Baleira a sexta edición do concurso de tapas. O evento está promovido pola Asociación de Hostelería de Baleira e participan catro establecementos da capitalidade municipal, situada no Cádavo. 

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) colabora cunha cita que reunirá gastronomía e música. Os locais que participan son A Marronda, Moneda, Neireo e o Recuncho D' Vane. As tapas poderanse degustar ambos días entre ás 20:00h e ás 00:00h. 

O venres, a acordeonista Tania amenizará o concurso con música nos catro locais participantes. O sábado, serán os integrantes do Grupo Tradicional Toxo Queimado os que poñan o toque festivo á xornada.