APEHL

Novas

Aberto o prazo de inscrición para participar no Estase Cocendo, que volve á Ribeira Sacra no mes de marzo

16.02.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) retoma a organización do Estase Cocendo, para celebrar unha nova edición das Xornadas do Cocido de Entroido da Ribeira Sacra que se celebrarán por toda a comarca dende o 4 ao 26 de marzo, ambos incluídos.

O prazo de inscrición para todos aqueles locais que queiran inscribirse está xa aberto ata o vindeiro martes día 21 de febreiro e os interesados deben chamar para anotarse ao número ...

Moitos Concellos da provincia autorizan ampliación de dúas horas no horario de peche para os asociados debido aos festexos do Entroido

  • A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) rexistrou a petición en todos os Concellos da provincia de Lugo.

16.02.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) dirixiuse a todos os Concellos da provincia de Lugo para solicitar a ampliación de horario en dúas horas máis do legalmente establecido para todos os seus establecementos asociados durante este Entroido.

A Asociación recibiu a autorización para esta ampliación desde a noite do día ...

A Apehl firma con Himikode un convenio de colaboración para apoiar a dixitalización do sector hostaleiro e turístico da provincia

10.02.2023. Noemí Rodríguez, CEO da empresa lucense Himikode e Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), formalizaron este venres na sede da asociación a firma dun convenio de colaboración entre as entidades para apoiar e reforzar a dixitalización do sector Horeca.

Este acordo fírmase nun momento no que a hostalería necesita intensificar as súas vendas e incrementar a súa eficiencia e produtividade para posicionarse nun entorno cada vez máis competitivo. Himikode, como ...

A provincia de Lugo participou no Campeonato Oficial Hostelería de España-Tapas y Pinchos 2023

  • Rubén David Goyzueta, do restaurante Nadela, representou a Lugo na competición cunha tapa elaborada con produtos autóctonos.
  • A gañadora foi finalmente Susana Casanova de Clandestina Café Bistro, coa súa tapa Cruz de Navajas, en representación da Federación de Empresarios de Hostelería de Zaragoza (Horeca Zaragoza).

24.01.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) estivo representada no Campeonato Oficial Hostelería de España-Tapas y Pinchos 2023, que organizou Hostelería de España, da que forma parte a Apehl, ...

A Apehl deu a coñecer en Fitur o volume 15 da guía turístico-gastronómica …E para comer, Lugo

A nova edición desta guía, xa emblemática da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, céntrase en destacar rincóns non tan coñecidos da provincia e en recomendar a visita aos 67 concellos nas diferentes estacións do ano.

18.01.2023. O acto tivo lugar no stand de Galicia na Feira Internacional de Turismo (Fitur), que se está celebrando en Madrid, onde o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, estivo acompañado pola ...

O lanzamento da décimo quinta edición da guía turístico-gastronómica …E para comer, Lugo terá lugar mañá en Fitur

17.01.2023. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, presentará mañá, 18 de xaneiro, na Feira Internacional de Turismo de Madrid un novo volume, o décimo quinto, da colección de guías turístico-gastronómicas da provincia de Lugo …E para comer, Lugo.

No acto, que terá lugar a partir das 14:30 horas no stand de Galicia en Fitur, Real dará a coñecer a publicación titulada Lugo, destino para las cuatro estaciones.

Esta ...

Rubén David Goyzueta, do restaurante Nadela, representará a Lugo no Campeonato Oficial Hostelería de España-Tapas y Pinchos 2023

  • A competición, que terá lugar en Madrid Fusión, celebrarase os próximos días 23 e 24 de xaneiro.
  • O restaurante Nadela foi o establecemento escollido como gañador por parte do xurado técnico na última edición do Concurso de Tapas de Lugo.

12.01.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) estará representada no Campeonato Oficial Hostelería de España-Tapas y Pinchos 2023, que organiza Hostelería de España, por Rubén David Goyzueta, do restaurante Nadela, gañador do XVII Concurso ...

A Apehl participará no Campeonato oficial Hostelería de España-Tapas y Pinchos 2023

  • A competición terá lugar os próximos días 23 e 24 de xaneiro en Madrid Fusión.
  • A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) estará representada polo restaurante Nadela.

05.01.2023. Hostelería de España puxo en marcha este Campeonato oficial Hostelería de España-Tapas y Pinchos 2023 que aglutina os distintos campionatos do país e que busca fomentar a profesionalidade do sector e poñer en valor a tapa como elemento esencial da gastronomía española.

A Asociación Provincial de Empresarios ...

Ampliación de horario durante o Nadal nos locais asociados á Apehl

22.12.2022. A maioría dos Concellos da provincia, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), autorizan a ampliación de dúas horas sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos asociados á mesma desde a noite do 22 ao 23 de decembro ata a noite do 5 ao 6 de xaneiro, con motivo da celebración das festas de Nadal, a excepción dos seguintes que non enviaron a autorización: Carballedo, Chantada, ...

Arranca a campaña Regálal…E, Regálat…E

  • Coa iniciativa búscase a venda de experiencias tanto turísticas como gastronómicas nestas datas clave.

21.12.2022. Un total de 67 establecementos salpicados por toda a provincia participan desde hoxe na campaña Regálal…E, Regálat…E, que a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) pon en marcha para que os seus clientes teñan a posibilidade de adquirir nos locais participantes gastronomía, consumicións, estancias en hoteis, turismo rural e experiencias turísticas. A campaña comeza hoxe, día 21 de decembro ...