APEHL

Novas

Concienciar sobre o consumo responsable de alcohol, obxectivo da campaña A Túa Saúde

29.08.2023. Os hostaleiros que estean interesados en colaborar con esta campaña como "local comprometido coa dispensación responsable do alcol" deben comunicalo á Asociación e recibirán, ademais dun distintivo de local colaborador, carteis e posavasos con información sobre educación e prevención.

Necesitas traballadores como mínimo 12 meses a xornada completa ou un fixo descontinuo como mínimo 15 meses dos cales 9 sexan de actividade?

23.08.2023. Desde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), como entidade adherida ao programa Retorna Cualifica Emprego, compartimos toda a información remitida pola Fundación Nortempo, empresa colaboradora da Xunta de Galicia.

A ocupación hoteleira na provincia de Lugo superou o 88 % de media durante esta ponte de agosto

16.08.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na provincia durante o que levamos de mes de agosto, no que se alcanzou unha media dun 87,3 % de ocupación.

O posto …E para comer, Lugo recorrerá España un ano máis con La Vuelta

02.08.2023. A Oficina de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo acolleu esta mañá, como vén sendo habitual, un acto no que se deu a coñecer que o posto …E para comer, Lugo volverá estar en La Vuelta Ciclista a España por undécimo ano.

As asociacións hostaleiras de La Fuerza del Norte trasladan propostas conxuntas para a mellora do turismo na España Verde

20.07.2023. La Fuerza del Norte, plataforma do sector turístico constituída polas asociacións de hostalería e turismo das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra, en Galicia; Bizcaia e Gipuzkoa, no País Vasco, Cantabria e Asturias, mantivo un encontro coas candidatas e candidatos do Partido Popular ao Congreso dos Deputados e ao Senado das distintas circunscricións electorais das citadas comunidades para analizar a situación do turismo nestes territorios que forman a España Verde, que ten características comúns e problemas e dificultades similares.

O Arde Lucus consolídase como festa de referencia para a cidade e os hostaleiros de Lugo

27.06.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na cidade de Lugo durante esta fin de semana de Arde Lucus, Festa de Interese Turístico Internacional, así como valoración de participación e asistencia por parte dos lucenses e dos visitantes. A ocupación media nos establecementos da cidade chegou ao 80 % durante o venres e superou o 90 % o sábado. Algúns establecementos si que chegaron a colgar o cartel de completos.

A Apehl firma co grupo Isonor un convenio de colaboración que aportará novas posibilidades para a dixitalización dos socios

13.06.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) e o grupo Isonor formalizaron hoxe a firma dun convenio de colaboración entre ambas as entidades para así pór a disposición de todas as empresas do sector a posibilidade de mellorar as súas competencias a través da dixitalización e a presenza en redes sociais.

No acto estiveron presentes Francisco Javier Romay, director comercial de Desenvolvemento Territorial no grupo Isonor; María Luz Pérez, directora de Desenvolvemento Territorial no ...

Finaliza o curso de cosmética natural da Asociación Española contra o Cancro, impartido nas instalacións da Apehl

11.05.2023. No día de onte clausurouse o curso de estética natural, organizado pola Asociación Española contra o Cancro de Monforte de Lemos. A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) colaborou nesta iniciativa ao ofrecer as súas instalacións para levar a cabo esta formación, a cal estaba indicada para enfermos de cancro e centrada tanto no tratamento como na prevención da enfermidade.

María Balado, experta no tema, foi a encargada de ...

Case un 93 % de ocupación hoteleira na provincia durante a ponte do 1 de maio

02.05.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) anunciou os datos que se rexistraron sobre ocupación hoteleira na provincia de Lugo durante a ponte de maio, os cales indican que aumentou con respecto a Semana Santa.

A media total da provincia foi dun 92,66 %, cifra que supera á que houbo en Semana Santa, dun 90,33 %. A zona con maior número de visitantes foi a Ribeira Sacra, cunha media do 99 %. A Mariña ...

Gran parte dos Concellos permiten a ampliación de horario de peche en dúas horas máis durante os festivos de maio para os asociados da Apehl

28.04.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) dirixiuse aos Concellos da provincia para solicitar a ampliación de horario en dúas horas máis do legalmente establecido para os seus establecementos asociados en torno aos festivos deste mes de maio.

A asociación recibiu a autorización para esta ampliación as noites do 29 ao 30 de abril, do 30 de abril ao 1 de maio, e a noite do 16 ao 17 de maio por parte de ...