APEHL

Novas

Aberto o prazo de inscrición para un novo Curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo

18.10.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Deputación de Lugo, organiza un ano máis o curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, que terá lugar os días 13, 14, 20, 21, 27 e 28 de novembro. 

Aberto o prazo de inscricións para participar no Cume Tapas Exprés, que terá lugar en Monforte do 26 ao 29 de outubro

16.10.2023. A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) está inmersa na organización do Cume Tapas Exprés, que se celebrará en Monforte de Lemos e que nesta ocasión terá unha duración de catro días, do 26 ao 29 de outubro.

Manuel Balseiro Pardo (Nito), galardoado nos Premios Nacionais de Hostalería

10.10.2023. Tras a candidatura presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Manuel Balseiro (Nito), do Restaurante Nito e Hotel Ego en Area, Viveiro, e do Hotel Urban, de Viveiro, foi recoñecido na categoría de Premio Empresario Hostaleiro.

A Apehl colabora un ano máis na Andaina Escolar polo Camiño de Inverno

09.10.2023. A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) formou parte da VII Andaina Escolar polo Camiño de Inverno, que tivo lugar o pasado venres día 6 na Ribeira Sacra.

A formación continua, a falta de persoal e a taxa turística das cidades, focos da reunión entre Hostelería de Galicia e o presidente da Xunta

05.10.2023. Catro representantes de Hostelería de Galicia, confederación integrada polas asociacións provinciais de hostalería e turismo da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, encabezados polo seu presidente, Cheché Real, reuníronse na tarde de onte co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e co director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, para abordar as principais inquietudes do sector.

Os locais asociados á Apehl poderán ampliar o seu horario habitual en dúas horas debido aos festexos do San Froilán e da Hispanidade

03.10.2023. O Concello de Lugo, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), autoriza a ampliación de dúas horas sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos asociados con motivo da celebración das festas patronais do San Froilán e pola ponte festiva da Hispanidade.

A provincia de Lugo, un destino turístico xa recoñecido que debemos consolidar de cara ao futuro

27.09.2023. Con motivo do Día Mundial do Turismo, que se celebra hoxe 27 de setembro, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) destaca a gran presenza que está a ter o norte de España, incluída a provincia de Lugo, como lugar preferido para moitos turistas, e fai balance do labor que se está levando a cabo desde a plataforma La Fuerza del Norte, formada polas asociacións de hostalaría e turismo de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco.

Lugo autoriza a ampliación de horario de peche en dúas horas máis durante o Caudal Fest para os asociados da Apehl

15.09.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) dirixiuse ao Concello de Lugo para solicitar unha ampliación de horario en dúas horas máis do legalmente establecido para todos os seus establecementos asociados durante a celebración do Caudal Fest.

A ocupación hoteleira na provincia de Lugo durante o mes de agosto superou unha media do 90 %

01.09.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na provincia durante o mes de agosto, no que se alcanzou unha media dun 90,3 % de ocupación.

Os hostaleiros lucenses poderán inscribirse para participar no XVIII Concurso de Tapas de Lugo do 1 ao 15 de setembro

O certame terá lugar do 3 ao 19 de novembro e a gran final celebrarase unha semana máis tarde, os días 24, 25 e 26.