APEHL

Novas

Inaugurado en Foz o curso sobre enoturismo e cultura do viño

 

11.10.2019. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, Cheché Real, inaugurou esta mañá no restaurante Xoyma de Foz o curso sbre enoturismo e cultura do viño que organiza en colaboración coa Deputación de Lugo. Levarase a cabo os días 11, 12, 18, 19, 25 e 26 de novembro e será impartido polo Instituto Galego do Viño, do que é director Xoán Cannas.

Ampliación de horario nos locais asociados á APEHL durante a ponte de Todos Os Santos

31.10.2019. A Xefatura Territorial da Xunta en Lugo, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), autoriza a ampliación dunha hora sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos asociados a esta nas noites do xoves 31 de outubro ao venres 1 de novembro, do venres 1 ao sábado 2, e do sábado 2 ao domingo 3, con motivo da celebración da ponte de Todos Os Santos. A autorización poderá aplicarse en todos os concellos da provincia, agás no Concello de Friol.

O Mesón de Alberto de Lugo, Premio Nacional de Hostalería á empresa hostaleira

21.10.2019. Hostelería de España deu a coñecer quen son os gañadores da décimo terceira edición dos Premios Nacionais de Hostalería 2019; uns galardóns que, pola súa traxectoria e por estar concedidos polos empresarios do propio sector, atópanse entre os máis reputados da industria. Tras a candidatura presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), o lucense Mesón de Alberto foi recoñecido na categoría de empresa hostaleira.

El Boni Parrillada, gañador do XV Concurso de Tapas de Lugo

09.10.2019. Os seguidores da décimo quinta edición do Concurso de Tapas de Lugo  decidiron que a vitoria fose para a tapa “O alto do Fiouco” presentada por El Boni Parrillada. Así o anunciou esta mañá a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) nun acto que tivo lugar no Museo Interactivo da Historia de Lugo e no que estiveron presentes o presidente da Apehl, Cheché Real; a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e a deputada de Turismo e Cultura da Deputación de Lugo, Pilar García.

Publicado o Convenio Colectivo de Hostalería no BOP

04.10.2019. O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou o novo Convenio Colectivo de Hostalería que terá vixencia ata o 31 de decembro de 2020.

Consulta o convenio

Ampliación de horario nos locais asociados á Apehl debido aos festexos do San Froilán

03.10.2019. A Xefatura Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), autoriza a ampliación dunha hora sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos asociados á mesma do Concello de Lugo desde a noite do 4 ao 5 de outubro ata a noite do 12 ao 13 con motivo da celebración das festas patronais do San Froilán.

A Xunta de Galicia premia o labor do Hotel Méndez Núñez no Día Mundial do Turismo

27.09.2019. Os traballadores do Hotel Méndez Núñez foron galardoados pola Xunta de Galicia no Día Mundial do Turismo, que este ano está dedicado ao turismo e emprego. O galardón foilles concedido polo seu labor como “motor do desenvolvemento turístico”, facéndoo extensivo a todo o sector. Ao acto acudiron o delegado territorial, José Manuel Balseiro; a xefa da área Provincial de Turismo de Lugo, Paloma Vázquez, e Jacobo García-Bobadilla Prósper, en representación dos empregados do establecemento premiado.

Encontro do xurado do XV Concurso de Tapas de Lugo coa concelleira de Turismo na torre da Mosqueira

26.09.2019. O pé da emblemática torre da Mosqueira da muralla lucense será o punto de encontro entre os profesionais encargados de valorar as 12 tapas finalistas e Maite Ferreiro, a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, previsto para mañá venres 27 de setembro ás 19:30 h. O acto será o pistoletazo de saída da final desta edición.

A Apehl recibe un dos Premios HGg&T na XVII Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia

26.09.2019. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) recolleu onte un dos Premios HGg&T entregados na XVII Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia, que tivo lugar no Centro de Innovación Cultural da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.

O XV Concurso de Tapas de Lugo dá a coñecer os 12 finalistas

24.09.2019. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, Apehl, vén de facer o reconto dos votos emitidos polo público e desvela os doce establecementos finalistas da décimo quinta edición do Concurso de Tapas de Lugo: A Laxa, Arrocería Os Cachivaches, Restaurante Campos, Casa d’Auga, Casa Paco, El Boni Parrillada, La Cosechera, Mesón Colón, Mesón Pulpería O Castelo, O Cincuenta e Seis, Paprica e Vermutería o Miño Therapy.