APEHL

Novas

Ampliación de horario durante o Nadal nos locais asociados á Apehl

13.12.2023. A maioría dos Concellos da provincia, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), autorizan a ampliación de dúas horas sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos asociados á mesma desde a noite do 22 ao 23 de decembro ata a noite do 6 ao 7 de xaneiro, con motivo da celebración das festas de Nadal.

A ocupación hoteleira na provincia de Lugo rondou o 75 % durante esta ponte festiva

11.12.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na provincia durante esta ponte festiva, na que se alcanzou unha media dun 74,4 %.

Cheché Real reúnese co alcalde de Foz pola subida das taxas das terrazas

11.12.2023. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, reuniuse o pasado xoves día 7 co alcalde de Foz, Francisco Cajoto, a demanda de 30 hostaleiros, con motivo da subida das taxas das terrazas, que consideran excesivas.

Os premios do XVIII Concurso de Tapas de Lugo repártense entre El Boni, Brasas Brancas, Prebe by Bret, Paprica, El Castillo e Pulpería O Castelo

29.11.2023. Os consumidores das tapas da décimo oitava edición do Concurso de Tapas de Lugo decidiron que a vitoria fose para a tapa “Noite meiga”, presentada por El Boni.

Entrega de diplomas aos alumnos do curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo

27.11.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo fixo esta mañá a entrega de diplomas para os 25 participantes que asistiron ao curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, patrocinado pola Deputación de Lugo.

O xurado comeza a rolda de valoracións dos 12 finalistas do XVIII Concurso de Tapas de Lugo

24.11.2023. Os catro profesionais encargados de valorar as 12 tapas finalistas do XVIII Concurso de Tapas de Lugo, organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) co patrocinio do Concello de Lugo, comezou a súa rolda de valoracións.

Todo a punto para Saborea e Canta o Outono, que chega o venres a Monforte de Lemos

22.11.2023. A Praza de Abastos do Concello de Monforte de Lemos acolle este venres 24 de novembro unha nova edición da xornada gastronómica Saborea e Canta o Outono, toda unha festa outonal na que os asistentes poderán gozar das mellores tapas, desde as 19:30 horas ata as 23:00 horas, acompañadas de música en directo.

Coñecemos os 12 finalistas do XVIII Concurso de Tapas de Lugo elixidos polo público

21.11.2023. Tras facer o reconto dos votos emitidos polo público, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, Apehl, desvela os doce establecementos finalistas da décimo oitava edición do Concurso de Tapas de Lugo: Casa d’Auga, El Dotmas Bar, El Boni, Hotel Mercure Lugo-Brasas Brancas, Mesón El Castillo, O Cincuenta e Seis, O Figón, Orixe do Campo, Paprica, Prebe By Bret, Pulpería O Castelo e Santeiro`s Terraza.

Felicitamos a Oviedo por ser proclamada Capital Española da Gastronomía 2024

16.11.2023. Desde La Fuerza del Norte, plataforma do sector turístico constituída polas asociacións de hostalería e turismo das comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, queremos felicitar á cidade de Oviedo pola proclamación como Capital Española da Gastronomía 2024 e sentímonos contentos e orgullosos por iso.

A Terraza do Méndez recibe o Prato de Ouro de Radio Turismo

14.11.2023. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, acudiu esta mañá á terceira edición do Congreso A Gastronomía no Camiño. O encontro desenvolveuse no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela.