APEHL

Axudas

AXUDAS ICO SECTOR TURÍSTICO E ACTIVIDADES CONEXAS COVID 19/THOMAS COOK

     Para quen?

Autónomos e empresas con domicilio social en España que formalicen operacións na Liña ICO Empresas e Emprendedores, cuxa actividade estea dentro dun CNAE do sector turístico e actividades conexas segundo a relación de CNAE publicada.

As empresas e autónomos deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Non poderán figurar en situación de morosidade nos ficheiros de información sobre solvencia patrimonial e crédito.
  • Non poderán estar incursos nun procedemento de insolvencia colectiva nin reunir os requisitos para atoparse sometido ...

PROGRAMA BONO NOVA OPORTUNIDADE PERSOAS AUTÓNOMAS

a) Bono apoio: concederáselles unha axuda de 6.000 euros ás persoas que estivesen inscritas como demandantes de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego antes da data de solicitude ou da data de alta no Réxime especial de traballadores autónomos (RETA).

b) Bono formación: a persoa beneficiaria recibirá unha axuda de ata 6.000 euros para realizar un mínimo de 70 horas de formación nas seguintes materias: formación xerencial, xestión comercial ou financeira, mercadotecnia dixital ou sobre materias ...

AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA MATERNIDADE/PATERNIDADE PARA TRABALLADORES/AS AUTÓNOMOS/AS

Estas axudas van dirixidas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que, unha vez finalizado o seu período de descanso por nacemento no prazo do quince días seguintes á súa finalización, contraten unha persoa traballadora por conta allea para ampliar a súa conciliación da vida familiar e laboral.

PROGRAMA BONO RENOVA (TRASPASO XERACIONAL)

PRAZO

Ata o 30 de setembro de 2020

PROGRAMA DO EMPREGO AUTÓNOMO

Serán beneficiarias aquelas persoas desempregadas que causen alta no réxime especial de autónomos entre o 1 de outubro de 2019 e o 30 de setembro de 2020, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.

AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN E FORMACIÓN DE PERSOAS ASALARIADAS

Incentivos á contratación indefinida inicial e á formación de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

SUBVENCIÓNS DO ANO 2020 PARA A REALIZACIÓN DE AUDITORÍAS ENERXÉTICAS, IMPLANTACIÓN DE SISTEMAS DE XESTIÓN E PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTIC

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 21 de xaneiro e finaliza o 20 de febreiro de 2020.

AXUDAS PARA IMPLANTAR A IGUALDADE LABORAL (TR357C), A CONCILIACIÓN LABORAL E PERSOAL (TR357D) E A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL (TR357B)

DOG núm. 16 de venres 24 de xaneiro de 2020


 

BENEFICIARIOS

Pemes ou persoas traballadoras autónomas que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, que estean constituídas no momento de presentar a solicitude de axuda e deberán contar cun mínimo de 6 persoas traballadoras á data de presentación.

Tamén poderán presentarse empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación ...

Descargar documentación

PROGRAMA EMPREGA XUVENTUDE

TIPOS DE INCENTIVOS: BONO CONTRATACIÓN E BONO FORMACIÓN

Beneficiarios: Autónomos e empresas, de calquera forma xurídica con centro de traballo en Galicia, que contraten a persoas desempregadas menores de 30 anos cun contrato indefinido ou temporal (duración inicial mínima de 12 meses), ambos a xornada completa, incluidos os fixo-discontinuos, que se formalicen desde o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020.

Descargar documentación