APEHL

TR357B,TR357C y TR357D. Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial

Características do programa

O programa estructúrase en tres liñas de axudas:

Liña I: elaboración e implantación de plans de igualdade (TR357C) nos termos definidos no capítulo III do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro.

Liña II: conciliación (TR357D) que, á súa vez, comprende tres subliñas:

-Subliña II.1. Incentivos para fomento do teletraballo: incentivarase a adopción de acordos laborais de teletraballo.

-Subliña II. 2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria. Incentivarase a adopción de acordos laborais de flexibilidade horaria.

-Subliña II.3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo.

Liña III: certificacións de RSE (TR357B). Subvencionarase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial.

Beneficiarios

As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.

Para as liñas II e III tamén poderán presentar solicitude as empresas con centros de traballo en Galicia.

No caso da liña I, as empresas deberán contar como mínimo con dez persoas traballadoras e cun máximo de 49, salvo no caso dos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro que poderán superar o dito número.

Para a liña II, se a solicitude é para as subliñas 1 e 3, as empresas deberán contar cun mínimo dunha persoa traballadora, e se a solicitude é para a subliña 2, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.

Para a liña III, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.

Para determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase o número de persoas traballadoras por conta allea na data da presentación da solicitude. As empresas deberán manter o número mínimo de persoas traballadoras exixido para cada liña durante todo o período establecido no artigo 2 (entre o día 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2024)

Para a liña I, as empresas beneficiarias non poderán superar o número de 49 persoas traballadoras durante todo o período establecido no artigo 2 (entre o día 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2024).

Para todas as liñas será necesario que as entidades solicitantes teñan unha taxa de estabilidade cando menos do 50 % desde o 1 de xaneiro de 2024 e durante todo o período de execución das axudas. Para o cálculo desta porcentaxe só se terán en conta as persoas traballadoras con contratos indefinidos a tempo completo sobre o total dos contratos das persoas traballadoras da empresa.

As entidades solicitantes deben estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social.

Non poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades públicas, e no suposto d) da liña I non poderán ser beneficiarias aquelas empresas de consultoría ou asesoría que teñan entre as súas actividades o asesoramento na elaboración e implantación de plans de igualdade ou a formación en igualdade.

Liña I. Elaboración e implantación de plans de igualdade

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES:

a)   Os custos da elaboración dunha diagnose da empresa desde a perspectiva de xénero. Diagnose elaborada segundo o establecido no artigo 7 do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro.

b)   Os custos derivados da elaboración dun plan de igualdade que recolla as accións ou medidas que corrixan as deficiencias detectadas na diagnose previa e que, como mínimo, deberá conter as medidas establecidas no capítulo III do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro.

c)   Os custos derivados da implantación das medidas previstas no plan de igualdade que xa teña aprobado a entidade para o seu primeiro ano de vixencia. Non poderá solicitarse axuda por este concepto na mesma convocatoria en que se soliciten os supostos a) e b).

d)   A contratación, no grupo de cotización 1 ou 2, a xornada completa e, como mínimo, dun ano dunha persoa con titulación de grao e con experiencia e/ou coñecementos acreditados en materia de igualdade, co obxecto de asesorar  e coordinar en calquera das fases de elaboración e implantación do plan de igualdade.

CONTÍAS DAS AXUDAS:

a)   Ata o 80 % dos custos que compute o proceso de diagnose previa da empresa cun máximo de 3.000 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata de 5.000 € nos demais supostos.

b)   Ata o 80 % dos custos derivados da elaboración dun plan de igualdade, cun máximo de 1.500 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata de 3.000 € nos demais supostos.

c)   Ata o 80 % dos custos derivados da implantación das medidas prioritarias previstas na primeira fase do plan de igualdade cun custo máximo de 1.000 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata 2.000 € nos demais supostos.

d)   Unha contía de 12.000 € pola contratación como mínimo dun ano dunha persoa experta en igualdade. Neste suposto a acuda é compatible coas axudas contempladas nas letras a), b), e c).

Liña II. Conciliación

Establécense 3 subliñas:

SUBLIÑA I: INCENTIVOS PARA O FOMENTO DO TELETRABALLO

REQUISITOS DAS EMPRESAS BENEFICIARIAS

Poderán ser beneficiarias as empresas que, alén de cumprir cos requisitos do artigo 5 da orde, non pertenzan aos sectores da economía da tecnoloxía da información e a comunicación (TIC) e que:

a)   Formalicen, polo menos, un acordo de teletraballo, por un período de tempo non inferior a dous anos, cunha persoa xa vinculada á empresa por contrato laboral e xornada completa, cunha antigüidade de, polo menos, un ano, e/ou.

b)   Contraten ex novo persoal na modalidade de teletraballo a xornada completa, e asinen coa persoa traballadora un acordo que regule esta situación por un período de tempo non inferior a dous anos.

O teletraballo debe documentarse mediante o acordo individual de teletraballo, que deberá cumprir con todos os requisitos establecidos na Lei 10/2021, do 9 de xullo, de traballo a distancia. No acordo de teletraballo debe indicarse, de forma separada e numerada, o contido mínimo establecido no artigo 7 da Lei 10/2021, do 9 de xullo, de traballo a distancia, debendo fixar un número mínimo de horas de dedicación ao teletraballo que non poderá ser inferior ao 50 % da xornada semanal ordinaria.

CONTÍAS

As axudas consistirán nun incentivo de 2.000 euros por persoa traballadora cun acordo de teletraballo, ben por adaptación do contrato que teña na empresa ou ben pola realización dun novo contrato para unha persoa non vinculada á empresa, co límite máximo de 8.000 euros por empresa.

O límite máximo incrementarase en 1.000 euros para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa polo menos igual á masculina.

SUBLIÑA II: INCENTIVOS PARA O FOMENTO DA FLEXIBILIDADE HORARIA

REQUISITOS

Poderán ser beneficiarias as empresas que, alén de cumprir cos requisitos do artigo 5, establezan medidas de flexibilidade horaria como como: sistemas de compensación de días e horas, xornada laboral continua ou semana laboral comprimida, permisos especiais no caso de emerxencias familiares e por un período non inferior a dous anos.

O acordo adoptado deberá detallar as medidas que se van implantar e o compromiso de que ditas medidas de manterán durante a duración do acordo.

CONTÍAS

As axudas consistirán nun incentivo de 8.000 euros por empresa solicitante.

O límite máximo incrementarase en 1.000 euros para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa polo menos igual á masculina.

SUBLIÑA III: SUBVENCIÓN PARA ADQUISICIÓN DE ELEMENTOS TECNOLÓXICOS QUE POSIBILITEN O TELETRABALLO

REQUISITOS

Poderán ser beneficiarias as empresas que conten cos requisitos da orde reguladora e teñan formalizado acordos de teletraballo en vigor na data de presentación da solicitude.

Exclúense aquelas empresas que pertenzan a sectores TIC da economía.

1.    Será subvencionable a adquisición de elementos tecnolóxicos seguintes: computador persoal, medios materiais para o acceso á internet e aqueles periféricos necesarios para as tarefas que se vaian desenvolver: webcam, impresora, escáner e demais compoñentes de hardware necesarios para a implantación efectiva do teletraballo, coa finalidade de fomentar o uso de tecnoloxías da información e comunicación (TIC) como unha medida de conciliación laboral, persoal e familiar.

2.    Non será subvencionable o software nin outro tipo de gasto distinto do sinalado. Así mesmo, non serán subvencionables os tributos e impostos indirectos susceptibles de repercusión (IVE) de recuperación ou compensación.

CONTÍAS

As axudas consistirán nunha subvención de ata o 80 % do investimento, co tope de 1.500 euros por persoa traballadora beneficiada e co límite máximo de 20.000 euros por empresa.

A axuda verase incrementada nun 10 % para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa, cando menos, igual á masculina.

Liña III. Certificacións de RSE

CONTÍA

Será do 80 % da totalidade dos custos da certificación obtida cun máximo de 2.000 € por empresa.

A porcentaxe subvencionable dos custos de consultoría non poderá exceder o 30 % da subvención.

FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes do 7 de febreiro ao 6 de marzo de 2024.

O prazo de presentación da xustificación das axudas concedidas rematará o 31 de outubro de 2024, agás que na resolución de concesión se estableza, motivadamente, unha data posterior.

Descargar documentación