APEHL

TR349F. Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas

01.02.2024. Incentivo á contratación indefinida inicial e á formación de persoas desempregadas para favorecer a creación de novos empregados estables e contribuír ao crecemento de pequenas unidades produtivas con potencialidade. O orzamento é de 1.350.000 €.

Persoas beneficiarias

Persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais con domicilio fiscal en Galicia pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.

Non poderán ser beneficiarias as persoas que desenvolvesen, nos tres meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova situación de alta na Seguridade Social, a mesma actividade como persoas traballadoras autónomas.

Intensidade dos incentivos

1. Bono contratación. A axuda será proporcional ao tempo efectivo de traballo respecto da xornada a tempo completo en caso de xornada parcial e fixos-descontinuos. Neste último caso, ademais, o período de actividade anual será dun mínimo de 6 meses.

1.ª contratación:

  • Persoa desempregada, 7.500 €.
  • Muller, paro longa duración, maiores de 52 anos, con dispacidade, risco exclusión, emigrantes retornadas e estranxeiras: 9.000 €.
  • Máx.: 14.400 €.

2.ª/3.ª contratación:

  • Persoa desempregada: 9.000 €.
  • Muller, paro longa duración, maiores de 52 anos, con dispacidade, risco exclusión, emigrantes retornadas e estranxeiras: 11.000 €.
  • Máx.: 17.600 €.

Ao importe máximo súmaselle, en todas as contratacións, un 15 % acumulables nos seguintes casos: concello rural, entre 45 e 52 anos, persoa trans e muller profesión subrepresentada.

2. Bono formación. Accións formativas ás persoas contratadas. Solicitude opcional.

4.000 € por persoa: 

  • Ten que ser para a mesma persoa cuxo contrato se subvenciona.
  • Formación teórica relacionada co posto (mínimo 70 horas).
  • Realizada nos 3 primeiros meses de contrato e rematada antes do 30 de outubro de 2024.

Obrigas da contratación

  • A persoa contratada ten que estar inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego e sen ocupación no momento da súa contratación.
  • A contratación realizarase entre o 30 de setembro de 2023 e o 29 de setembro de 2024, con anterioridade ou o mesmo día da solicitude desta axuda.
  • Comunicarase a través da aplicación Contrat@ nos 10 días hábiles dende o inicio do contrato.
  • Deberá ser indefinida inicial, e no caso dunha contratación fixa-discontinua, o período de actividade será un mínimo de 6 meses cada ano.
  • Poderá ser a tempo completo ou, de ser a tempo parcial, cunha xornada mínima do 50 %, dende o inicio, respecto da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo.
  • Deberase manter á persoa contratada no cadro de persoal un mínimo de 36 meses.

Incentivo á formación

  • A formación presencial poderá realizarse tanto nas instalacións da persoa beneficiaria como nas da entidade encargada da súa impartición.
  • Na modalidade de teleformación, realizarase nunha plataforma virtual de aprendizaxe cunha metodoloxía apropiada que posibilite a interactividade (persoa traballadora-titoría) e que asegure a xestión dos contidos, un proceso de aprendizaxe sistematizado, o seu seguimento en tempo real e a avaliación de todo o proceso, con controis periódicos da aprendizaxe.
  • As persoas beneficiarias deberán presentar no prazo máximo de 10 días desde o seguinte que remate a formación, a seguinte documentación:

a) Declaración expresa da aplicación da axuda aos gastos subvencionables e declaración doutras axudas solicitadas e/ou concedidas (Anexo III).

b) Documento acreditativo de que se comunicou ás persoas representantes legais das persoas traballadoras a acción formativa.

c) Declaración conforme se realizou a formación, con relación de persoas de contidos formativos, calendario de actividades, horas impartidas e informe individualizado de aproveitamento.

Presentación da solicitude e prazo

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado (Anexo I) na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Deberán dirixirse ante a Xefatura Territorial onde a persoa solicitante teña o domicilio fiscal.
  • O prazo para a súa presentación comeza o 5 de febreiro de 2024 e remata o 30 de setembro de 2024.
Descargar documentación