APEHL

TR341Q. Programa do bono das persoas autónomas 2024

23.01.2024. Axuda ás persoas traballadoras autónomas para impulsar a mellora da competitividade da súa actividade empresarial. Esta axuda é incompatible coas que outorguen as administracións públicas polos mesmos conceptos e gastos, en concreto, coa axuda para a dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais para o 2024 (CO300C).

Persoas beneficiarias

- As persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou mutualidade de colexio profesional, cunha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos de actividade, cun rendemento neto reducido declarado no IRPF do 2022 inferior a 50.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros (IVE incluído), na referida declaración do 2022.

- As sociedades de calquera clase e comunidades de bens que teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos, cunha facturación mínima anual de 12.000 euros (IVE incluído) e unha base impoñible no Imposto sobre Sociedades no ano 2022 ou unha suma de rendementos netos reducidos na declaración anual informativa das entidades en réxime de atribución de rendas inferior a 50.000 euros.

Intensidade da axuda

O gasto debe estar realizado e efectivamente pagado entre o 1 de xaneiro de 2024 e a data de presentación da solicitude. Son subvencionables os seguintes tipos de investimentos:

- Compra de maquinaria.

- Compra/instalación para a mellora da eficiencia enerxética.

- Substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.

- Compra de utillaxe e ferramentas.

- Reforma do local do negocio.

- Equipamento informático.

- Equipamento de oficina/negocio.

- Rótulos.

- Aplicacións informáticas, webs, apps e redes sociais.

- Deseño de marca.

Presentación da solicitude

- A solicitude e documentación complementaria debe presentarse obrigatoriamente por medios telemáticos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

- No momento da solicitude debe presentarse a factura ou facturas xa pagadas que identifiquen e xustifiquen as características e o custo do investimento realizado.

- Documentación xustificativa do volume de facturación e base impoñible (IVE, IRPF, imposto sobre sociedades ou declaración informativa anual de entidades en atribución de rendas do ano 2022, segundo o caso).

- Acreditación de que a persoa autónoma societaria é socia da entidade que solicita a subvención cunha declaración de que ningunha outra persoa autónoma societaria solicitou a axuda, de ser o caso.

- Certificado da mutualidade do colexio profesional indicando os períodos de alta, de ser o caso.

- Relación de investimentos realizados (segundo o Anexo I).

- Certificado de situación censual (modelo 036 ou 037) no caso das persoas autónomas que tributen no réxime especial de recargo de equivalencia, en atribución de rendas ou cuxa actividade estea exenta de tributación do IVE.

Obrigas das persoas beneficiarias

- Manter a alta no RETA ou mutualidade durante un mínimo de 2 anos desde a data de solicitude da subvención.

- Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade ou de control que realicen os órganos competentes, tanto autonómicos, coma estatais ou comunitarios.

- Dispor dos libros contables, rexistros ou documentos auditados esixidos pola lexislación mercantil ou sectorial.

- Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

- Adoptar as medidas de difusión para dar publicidade ao financiamento público durante 12 meses, segundo o modelo de cartel dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de presentación

Desde o 29 de xaneiro de 2024 ata o 30 de setembro de 2024.

Descargar documentación