APEHL

TR342C. Plan Galicia Emprega

DOG Nº 14 de 19/01/2024

Obxecto
Axudas establecidas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que favorezan a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria, especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral, coa finalidade de seguir paliando os prexuízos económicos sobre o mercado de traballo, derivados dos efectos da pandemia provocada pola COVID-19 e agravados pola invasión de Ucraína por parte de Rusia.
Este Plan regula dous tipos de incentivos:
- Incentivos á contratación por conta allea
- Incentivos ás accións formativas no centro de traballo

Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos na orde:
- As persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten persoas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo
radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Os centros especiais de emprego, excepto para facer contratos con persoas con discapacidade.
- As empresas de inserción laboral, excepto para facer contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social.
No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas, deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios.
En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas, cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.
As empresas que teñan cincuenta ou máis persoas traballadoras deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade, conforme se dea ocupación, polo menos, ao 2 % de traballadores e traballadoras con discapacidade sobre o total das persoas traballadoras ou, no seu defecto, as medidas de carácter excepcional establecidas no texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa
inclusión social.

Características das axudas
O Plan Galicia Emprega inclúe unha serie de incentivos á contratación por conta allea e a formación dos colectivos vulnerables a través de dúas liñas de axudas:

1.- LIÑA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA, que inclue 4 modalidades de axudas:
a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
b) Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.
c) Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses.
d) Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.

2.- LIÑA DE INCENTIVOS ÁS ACCIÓNS FORMATIVAS NO CENTRO DE TRABALLO
As axudas establecidas nesta orde serán compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados, sen que en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras poidan superar o custo da actividade subvencionada, os límites establecidos pola Unión Europea e os que establece o artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Accións subvencionables
LIÑA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN
Para que as contratacións, os incrementos de xornada, ou os incrementos na duración anual dos contratos fixos descontinuos sexan subvencionables, deberán axustarse aos seguintes requisitos:
a) Que o contrato se realice cunha persoa que se encadre nalgún destes colectivos:
Persoa moza, persoa parada de longa duración, persoa de 52 anos ou máis, persoa emigrante retornada ou persoa estranxeira, muller, persoa con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social.
b) Que as contratacións se atopen dentro do período subvencionable que comprende desde o 30 de setembro de 2023 e ata o 29 de setembro de 2024, ambas as dúas datas incluídas.
c) Que as contratacións teñan lugar con anterioridade ou no mesmo día da solicitude de axudas.
d) No caso de axudas para a adaptación de postos de traballo que o gasto estea realizado na data de presentación da solicitude.

LIÑA DE INCENTIVOS ÁS ACCIÓNS FORMATIVAS
As empresas que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun incentivo para a formación, tanto na modalidade presencial como na modalidade de teleformación, ou en ambas modalidades, das persoas traballadoras subvencionadas por medio dos incentivos á contratación indefinida inicial previstos nesta orde.

Requisitos
Establecense os seguintes requisitos para os diferentes tipos de axudas:
a) Incentivos á contratacións indefinidas iniciais de persoas desempregadas:
Os contratos subvencionables deberán ser de duración indefinido e a xornada a tempo completo; excluindo os contratos fixos-descontinuos.
Excepciónanse da xornada a tempo completo as contratacións de persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, que poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial; a xornada a tempo parcial será como mínimo do 50 %.
E deberá realizarse cunha persoa desempregada, entendendo como desempregada aquela que figure inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e que, pola súa vez, careza de ocupación.
As contratacións deberán estar comunicadas a través da aplicación contrat@ no prazo de 10 días hábiles desde o seu inicio.
b) Incrementos de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.
Os incrementos de xornada, das contratacións indefinidas iniciais a tempo parcial realizadas con calquera dos colectivos sinalados no artigo 25.1.a) Persoa moza, persoa parada de longa duración, persoa de 52 anos ou máis, ersoa emigrante retornada ou persoa estranxeira, muller,persoa con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social) serán subvencionables cando acaden o 100 % da xornada ordinaria ou da establecida no convenio colectivo de aplicación e deben producise no período subvencionable e con anterioridade ou na mesma data da solicitude da axuda.
c) Incremento da duración anual dos contratos fixos descontinuos a un mínimo de 9 meses e a xornada completa; o incremento deberá ser de, polo menos, o 50 % sobre a duración inicial do contrato que se incrementa e debe producise no período subvencionable e con anterioridade ou na mesma data da solicitude da axuda. Os contratos realizados con persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial.
d) Adaptación dos postos de traballo ou pola dotación de equipamentos de protección persoal necesarios para evitar accidentes laborais á persoa traballadora con discapacidade contratada, ou por eliminar barreiras ou obstáculos que impidan ou dificulten o traballo das persoas traballadoras con discapacidade cuxo contrato se subvenciona ao abeiro desta orde. A necesidade da adaptación ou dos medios especiais de protección persoal deberá contar cunha memoria da empresa na que se acredite a necesidade da adaptación ou dotación de equipamentos antes citada, así como os gastos realizados, conforme o modelo que consta na
Sede electrónica da Xunta.

LIÑA DE INCENTIVOS ÁS ACCIÓNS FORMATIVAS NO CENTRO DE TRABALLO:
Para isto teñen que cumprir os seguintes requisitos:
a) A persoa ou persoas traballadoras que reciben a formación e titorización deben ser as persoas contratadas indefinidas iniciais con cargo a esta axuda, segundo o disposto nas epígrafes 1.a) e 2.a) do artigo 24.
b) En canto á duración da acción formativa, será dun mínimo de 70 horas. Será unha formación teórica con contidos relacionados co posto de traballo que desenvolve a persoa traballadora que participa neste programa.
c) A acción formativa terá lugar dentro dos tres primeiros meses desde o inicio do contrato e deberá de estar finalizada o 30 de outubro de 2024.

Contía das axudas
As diferentes liñas terán os seguintes incentivos:
a) As contratacións indefinidas iniciais de persoas desempregadas incentivaranse con distintas contías base, segundo o colectivo ao que pertenza a persoa contratada, conforme as definicións establecidas no artigo 5 da orde reguladora:
A. Persoa moza: 6.000 €.
B. Persoa parada de longa duración: 9.000 €.
C. Persoa de 52 anos ou máis: 9.000 €.
D. Persoa emigrante retornada ou persoa estranxeira: 9.000 €.
E. Muller: 10.000 €.
F. Persoa con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social: 14.000 euros.
Neste suposto, se o contrato é a tempo parcial, a contía do incentivo será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.
As contías indicadas anteriormente incrementaranse nun 15 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:
I. Se o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
II. Se a persoa contratada é maior de 45 anos (incremento non aplicable na letra C do punto anterior).
III. Se a persoa contratada é unha muller (incremento non aplicable na letra E do punto anterior).
IV. Persoas trans.
V. Se a contratación se realiza con mulleres en profesións e oficios nos que as mulleres esteas subrepresentadas, segundo o informe do Instituto Galego das Cualificacións que se reflicte na lista que figura no anexo II dispoñible para a súa consulta na Sede electrónica da Xunta.
A contía máxima posible que se subvencionará por cada persoa contratada con carácter indefinido é de 24.500 €.
b) Incremento de xornada das contratacións indefinidas iniciais (de xornada parcial a xornada completa): incentivo de 2.000 €: se o incremento de xornada se realiza en persoas con discapacidade, o incentivo será de 3.000 €.
c) Incremento da duración anual dos contratos fixos descontinuos a un mínimo de 9 meses e a xornada completa: incentivo de 4.000 €.
d) Adaptación dos postos de traballo ou pola dotación de equipamentos de protección persoal: axuda de 1.000 €
As accións formativas no centro de traballo incentivarase cunha axuda de 4.000 € por cada persoa traballadora dada de alta nun contrato indefinido inicial, sempre que a persoa traballadora cumpra os requisitos establecidos na presente orde.

Prazo de presentación
Desde o 26 de xaneiro de 2024 ata o 29 de setembro de 2024.

Descargar documentación